luns, 1 de xullo de 2024

Clase de tarefas domésticas, día 1 en Azores

A primeira sesión á que poidemos asistir foi unha clase de tarefas domésticas onde o alumnado desenrolaba competencias básicas do seu día a día. 

O obxectivo principal era coñecer era aplicar as normas de hixiene persoal nun contexto culinario, manter a roupa limpa e interactuar cos compañeiros. Traballamos específicamente na elaboración dunha receita saudable.






sábado, 1 de xuño de 2024

Riga, Latvia

 A nosa aventura estonia rematou en Lituania, pois a noso voo partía dende alí cara Madrid. Pasamos o sábado paseando polas rúas da cidade de Riga, facendo un tour co noso guía Mihail e recordando a nosa experiencia cos socios da Pärnu Raeküla Kool.




venres, 31 de maio de 2024

Despedida

Finalizamos a nosa semana en Estonia facendo un xogo de localización no centro da cidade de Pärnu. Antes de marchar, despedímonos facendo unha foto de grupo que quedará noso recordo.

xoves, 30 de maio de 2024

Día na Aida Schoolhouse

Pasamos o xoves na escola. Comezamos a mañá acudindo a clase de xeografía e estonio (descubrimos que é un idioma moi difícil para nós). Seguimos traballando no Proxecto Festa, compartindo os traballos que cada escola desenvolvera ao longo do curso para presentarlles as festas típicas aos socios. Descubrimos que algunhas son similares. Xantamos na cantina do centro.


Pola tarde, fixemos un obradoiro de máscaras e aprendemos un xogo popular estonio.

mércores, 29 de maio de 2024

Día en Aide Schoolhouse e Visita ao centro cidade de Pärnu

Pola mañá acudimos á Aide Schoolhouse onde fixemos xogos para coñecernos máis. Despois presentamos as notas escolas e explicamos como se traballa nelas. Fixemos o xantar na cantina do centro compartindo co resto do alumnado.


Pola tarde o alumnado estonio guiounos polo centro da cidade, parándonos nos monumentos máis relevantes. A nosa visita rematou na Red Tower.

martes, 28 de maio de 2024

Visita a Seljametsa Museum

Hoxe visitamos o museo de cultura e historia tradicional estonia. Primeiro explicáronnos en que consistía unha festa tradicional estonia: Paastumaarjapäev. Nesta festa as mulleres creaban bonecas de lá que logo queimaban para desfacerse da mala sorte mentres bailaban arredor dunha fogueira.


Cociñamos e degustamos un postre parecido ás nosas filloas, que era o que comían as mulleres no día da festa.


Tras a degustación visitamos a exposición do museo. Había dúas salas; unha tiña ferramentas e vestimentas dos homes, e na outra había utensilios de oficios tradicionalmente desenvolvidos polas mulleres e vestimentas que usaban as mulleres.

A continuación trasladámonos a unha granxa ecolóxica, Soomaa Rahvuspark, na que nos ensinar como traballan a pedra que logo usamos para facer uns chaveiros.


Despois do obradoiro, comemos comida tradicional estonia e, para rematar o día, fixemos sendeirismo polo parque natural onde se atopa a graxa.

luns, 27 de maio de 2024

Picnic na casa de Remi

 Tivemos a sorte de que familia de Remi nos acolleu no seu xardín. Levamos a cabo diversas actividades para romper o xeo empezar a coñecernos.


Ademáis disfrutamos do jacuzzi e da cama elástica.




domingo, 26 de maio de 2024

Movilidade a Pärnu, Estonia

A última mobilidade do centro estase a facer en Pärnu, cidade costeira de Estonia moi coñecida por ser lugar de vacacións entre a población estonia.

Participamos dúas mestras, María L e María Q, xunto con 10 alumnos e alumnas do centro. A viaxe foi intensa xa que tivemos que ir en tres ata Madrid para coller un avión a Riga e, finalmente, chegamos a Pärmu en autobús.

As familias e as mestras do Pärnu Raeküla Kool estaban agardando por nós na estación de autobús para darnos a benvida.


venres, 17 de novembro de 2023

REMATA A EXPERIENCIA ERASMUS+ NIVALA

Chegou o día de voltar as nosas casas. Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa que será difícil de olvidar. 

Gustaríanos agradecer a acollida por parte das escolas de Nivala, coas que compartimos a experiencia #erasmus+, ao profesorado, alumnado e familias. 

Ata a próxima mobilidade!



Gran recibimento no aeroporto.




xoves, 16 de novembro de 2023

ÚLTIMO DÍA EN NIVALA.

Chegou o momento da despedida. Despois de varios días de convivencia e inmersión lingüística, temos que voltar a Helsinki. 

A mañá de hoxe foi de baile, música e FESTA. Tamén tivemos tempo para ensinarlle, ao alumnado de Nivala, xogos populares e facerlle pequenas entrevistas. 


Collimos o tren con destino Helsinki. Cando chegamos atopámonos coa sorpresa de que xa estaba a árbore de nadal na Praza do Senado. 




mércores, 15 de novembro de 2023

VISITAMOS DOUS MUSEOS E A IGREXA DE NIVALA

 Hoxe foi un día de convivencia entre as dúas escolas que estamos a visitar en Finlandia. 

O día amenceu un pouco máis frío e a neve caía, o que para nós era moito. O alumnado e profesorado de Nivala non pensaban o mesmo. 

Primeiro, visitamos un Museo donde observamos como eran no pasado as casas finesas, aquí fixemos un xogo para atopar diversos obxectos que utilizaban no día a día. 

Tamén visitamos a igrexa de Nivala e quedamos asombrados co fermoso órgano. 

Por último, visitamos o Museo do Presidente de Finlandia, alí deixamos constancia da nosa visita coas nosas firmas. 

Chegou o momento de coller as zorras e volver para as casas.




martes, 14 de novembro de 2023

SEGUNDO DÍA NAS ESCOLAS FINESAS

Segundo día nas escolas de Nivala. O día de hoxe tampouco tivo desperdicio. 

O alumnado ocupou a mañá levando a cabo diferentes actividades. 

Seguimos coas presentacións das escolas e das festas típicas, o alumnado realizou chaveiros con luz no taller da escola e cociñamos dous postres típicos; gingerbread e christmas tart. Os postres estaban deliciosos e coñecemos moito máis sobre as tradicións e festas de Finlandia. 

A media mañá comimos albóndigas e en cada descanso non paramos de xogar coa neve, tamén tivemos tempo para xogar a algún xogo de mesa. 

Cando remataron as clases, fomos para as casas das familias de acollida e desfrutamos da tarde e de Nivala na súa compañía. 








luns, 13 de novembro de 2023

AITTOLA KOULU - KARVOSKYLÄN KOULU

Hoxe foi o primeiro día nas escolas Aittola e Karvoskylän. 

Para coñecernos un pouco máis fixemos algún xogo de presentación e tamén presentamos os nosos respectivos pobos, colexios e festas tradicionais. Por suposto, tivemos tempo para xogar e gozar da neve. 

Nos montes é habitual atopar espazos para facer barbacoas e desfrutar en compañía, pois no noso primeiro día sorprendéronnos e cociñamos "sausages and marshmallows" ao carón do lume. 




domingo, 12 de novembro de 2023

Viaxamos a Nivala e coñecemos ás familias de acollida.

Levantámonos, almorzamos e deixamos as maletas preparadas. A continuación visitamos o Museo da Cidade de Helsinki.  O Museo da Cidade de Helnsiki está situado na Praza do Senado e trata de amosar a través de obxectos e imaxes a vida cotía dos habitantes de Helsinki. 

Aproveitamos ben a mañá, antes de coller o tren con destino NIVALA. 

Dende as dúas da tarde ata as nove da noite, estivemos no tren de camiño ao noso destino #erasmusplus. 

Chegamos e agardábannos as familias de acollida e... MOITA NEVE (ou eso nos pareceu a nós). 




sábado, 11 de novembro de 2023

Visitamos Suomenlinna.

Suomenlinna é unha fortaleza construída sobre seis illas, donde viven aproximadamente oitocentas persoas. 
Para visitar Suomenlinna é necesario coller un barco que sale cada hora dende Helsinki. Aproveitando a nosa estancia na capital finesa, non queríamos perdernos esta maravilla Patrimonio Mundial da Unesco. 




venres, 10 de novembro de 2023

Chegamos a HELSINKI!

Despois dunha longa viaxe, chegamos a Helsinki ás 23:00. Estábamos agotados/as. 

Hoxe, venres, foi o noso primeiro día coñecendo Finladia. Por iso, a pesar de que nos acompañou a choiva, decidimos realizar un tour pola cidade. Visitamos os lugares máis emblemáticos e rematamos probando algún plato típico, como a carne de reno.  

Ah, xa probamos a sauna. Sabíades que a palabra sauna ven do finés?





xoves, 9 de novembro de 2023

Mobilidade Erasmus+ Nivala.

Iniciamos unha nova mobilidade dentro do programa #Erasmusplus. 

As mestras Inés e Fátima volven a Finladia; pero nesta ocasión acompañando ao alumnado. 

Seis nenas e catro nenos de sexto de primaria, coñecerán como funcionan dous centros educativos de Nivala. 

Polo de agora, poñemos rumbo dende o aeroporto Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) ao aeroporto de Helsinki-Vantaa, cunha escala na capital de Reino Unido. 

Que ganas temos de chegar!



venres, 13 de outubro de 2023

ERASMUS DAYS


 Co gallo da celebración dos ERASMUS DAYS, estreamos a placa que nos recoñece coma centro educativo acreditado ata 2027. O programa ERASMUS + permítenos mellorar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras e medrar no noso sentimento de cidadanía europea. De feito, estes días estamos a preparar a próxima modalidade a Nivala ao Norte de Finlandia.