venres, 27 de xaneiro de 2023

Finlandia na Asemblea

 Na asemblea de hoxe tocou contar ao alumnado a visita a Finlandia e moitas aportacións para poñerse a traballar para ter o cole que queremos.



luns, 23 de xaneiro de 2023

Formación Finlandia

 


Esta tarde tivemos formación a cargo de María, Fátima e Inés. Contaronnos polo miúdo a súa experiencia nas escolas finesas que visitaron. Reflexionamos sobre boas prácticas para mellorar profesionalmente e como organización.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Piale a Canadá

 Antes de marchar do centro, a mestra Maribel tiña pedido o programa Piale. Á volta, pasou polo colexo para contarnos o aprendido na súa estancia. Moitas grazas, Maribel, por compartir con nós tan valiosas aprendizaxes.