venres, 13 de outubro de 2023

ERASMUS DAYS

 Co gallo da celebración dos ERASMUS DAYS, estreamos a placa que nos recoñece coma centro educativo acreditado ata 2027. O programa ERASMUS PLUS permítenos mellorar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras e medrar no noso sentimento de cidadanía europea. De feito, estes días estamos a preparar a próxima modalidade a Nivala ao Norte de Nivala.


sábado, 3 de xuño de 2023

Mobilidade a Italia: Visita a Roma

 Non podíamos deixar Italia sen visitar Roma. Remata a viaxe do Erasmus, unha gran experiencia que nunca olvidaremos.









venres, 27 de xaneiro de 2023

Finlandia na Asemblea

 Na asemblea de hoxe tocou contar ao alumnado a visita a Finlandia e moitas aportacións para poñerse a traballar para ter o cole que queremos.



luns, 23 de xaneiro de 2023

Formación Finlandia

 


Esta tarde tivemos formación a cargo de María, Fátima e Inés. Contaronnos polo miúdo a súa experiencia nas escolas finesas que visitaron. Reflexionamos sobre boas prácticas para mellorar profesionalmente e como organización.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Piale a Canadá

 Antes de marchar do centro, a mestra Maribel tiña pedido o programa Piale. Á volta, pasou polo colexo para contarnos o aprendido na súa estancia. Moitas grazas, Maribel, por compartir con nós tan valiosas aprendizaxes.

 


xoves, 1 de decembro de 2022

Despedida

 Último día das nosas mestras nesta aventura escolar. A aventura en Finlandia foi enriquecedora e traen a mochila cargadiña de ideas para compartir no noso centro.




mércores, 30 de novembro de 2022

Sammun Koulu

 Hoxe vistamos a Sammun Koulu. Nas escolas finesas o alumnado realiza tarefas manuais de costura e carpintaría. 





martes, 29 de novembro de 2022

Huittinen

 Hoxe as mestras chegaron Huitinen visitaron a Lauttakylän Koulu. Na primeira toma de contacto xa puideron ver cousas ven interesantes.


domingo, 27 de novembro de 2022

Aventura Finesa

 Comezamos unha nova aventura Erasmus+ en Finlandia. As mestras Fátima, Inés e María chegan a Helsinki.


Nos próximos días visitarán dous centros educativos en Huitinen: Sammun KouluLauttakylän Koulu.

xoves, 2 de xuño de 2022