Levantámonos, almorzamos e deixamos as maletas preparadas. A continuación visitamos o Museo da Cidade de Helsinki. O Museo da Cidade de Helnsiki está situado na Praza do Senado e trata de amosar a través de obxectos e imaxes a vida cotía dos habitantes de Helsinki.
Aproveitamos ben a mañá, antes de coller o tren con destino NIVALA.
Dende as dúas da tarde ata as nove da noite, estivemos no tren de camiño ao noso destino #erasmusplus.
Chegamos e agardábannos as familias de acollida e... MOITA NEVE (ou eso nos pareceu a nós).
Ningún comentario:
Publicar un comentario