luns, 1 de xullo de 2024

Language Café en Azores, día 2.

 

A tarde do mércores empregámola nun intercambio cultural e lingüístico en inglés.
O contexto relaxado de inmersión lingüística incentivou a nosa motivación.
Realizamos de diferentes tarefas para a expresión oral e a conversación.
Adquirimos novo vocabulario e expresións mediante o intercambio entre iguais. 
Tamén se fixo fincapé na diversidade cultural global así como na súa riqueza.




Sesión de Filosofía para nenos na escola EBS Tomás de Borba, día 2 en Azores.

O segundo día en Terceira poidemos asistir a unha sesión de Filosofía para nenos. 

Trátase dunha actividade guiada e a través de conversas de grupo entre iguais dentro dun contexto específico da aula. Ten diversos obxectivos entre eles o desenvolvemento do pensamento crítico e  múltiple e a autorregulación.

A partir dun estímulo ou provocación xenérase un diálogo grupal sobre unha problemática concreta a elexir polos nenos.







Intervención musical con Ana Toste, día 1 en Terceira.

Nesta sesións trabállanse diferentes tipos de actividades de expresión, incluíndo instrumental, vogal, movemento e dramatización. 

O obxectivo principal deste proxecto de intervención musical é axudar ao alumnado a adquirir e desenvolver habilidades como a socialización, a consolidación de normas de convivencia, o autocontrol emocional, a memoria, a concentración e a motricidade.






Clase de tarefas domésticas, día 1 en Azores

A primeira sesión á que poidemos asistir foi unha clase de tarefas domésticas onde o alumnado desenrolaba competencias básicas do seu día a día. 

O obxectivo principal era coñecer era aplicar as normas de hixiene persoal nun contexto culinario, manter a roupa limpa e interactuar cos compañeiros. Traballamos específicamente na elaboración dunha receita saudable.